Autor: Vicente Araguas.
Colección Ayla nº 59
Primera edición: Marzo de 2024
Imagen cubierta: Klára Goldstein.
Imagen solapa: Editorial Juglar.
Número de páginas: 60
Formato: 135×200 mm. con solapas
D.L.: TO-69-2024
ISBN: 978-84-127756-1-7
Este libro, a partir de O primo Basílio, de Eça de Queirós, novela que ten impresionado tanto a Vicente Araguas que mesmo chegou traducila ao español, é todo un tour de fiorce: unha volta máis de tornelo ao sentimento de amor/ paixón levado a un extremo sen retorno. Ou, se o tivese, arado no campo das dificultades. Encetada a súa boroa en español, Basílio de Brito ha vuelto a Lisboa (Sial/Pigmalión), verquida ao portugués, Basilío de Brito voltou a Lisboa, por Viale Moutinho (Ed. Afrontamento), vén agora á primeira lingua poética de Araguas como un asunto do trinque. Duplicado desde a súa primeira saída. Con título diferente, O primo Basílio volveu a Lisboa, máis axeitado, pois, á novela de Eça de Queirós que dera pé a todo isto.
Luisa, no proceso transformista de Vicente Araguas, non morrera, divorciouse e agora traballa na sección de calzado de El Corte Inglés. Joge, mudou en dipsómano. E Juliana Couceiro Tavira xa non está, marchou, foise onde mora a infelicidade. Diso, de como ser feliz, do xeito de namorar sen se consumir, trata este libro; todo un manual de intencións da maneira de bailar un vals á pata coxa ou facer o amor diante dun espello decididamente trucado. Un libro de amor e desamor, as dúas facianas dun Xano que se volverá louco (de amor).
Precisamente.





Valoraciones
No hay valoraciones aún.